Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación neste sitio web, en cumprimento do Real Decreto-ley 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies.
Acepta Máis información

Condiciones de rexistro Axencias de viaxes

 Iniciar Rexistro

Axencias de viaxes

A compra de entradas realizarase sempre mediante usuario rexistrado.

O seu rexistro permitiralle ademais acceder á área privada de clientes identificándose co seu usuario e contrasinal. Desde esta zona poderá:
  • Consultar o estado das súas compras.
  • Modificar as súas reservas, sempre que non se teña feito o pago das mesmas.
  • Pagar as súas reservas.
  • Realizar a reimpresión de albaráns.

Os grupos, obrigatoriamente, deberán levar guía oficial propio para realizar a visita, acreditado pola Fundación Catedral de Santiago. Ademais, estas visitas terán que ser realizadas co sistema guiado portátil de grupos (micrófono emisor + auriculares receptores).

A reserva e venda anticipada de entradas só se pode realizar cun máximo de 90 días e un mínimo de 48 horas.
Deberán realizar o pagamento da reserva 48 horas antes da visita, de non facelo, a reserva cancelarase automaticamente.

O número mínimo de persoas por grupo é de 10 para a visita ao Museo e de 20 para a visita ao Pórtico da Gloria.

No Pórtico da Gloria, o grupo máximo é de 30 persoas. Se os grupos son de máis de 30 persoas (cun máximo de 60 persoas), deberanse dividir en dous.

O día da visita deberá acreditarse a reserva.

A hora asignada na reserva de entradas é estrita, pregándose a máxima puntualidade na chegada ao despacho de billetes, 20 minutos antes da hora para a súa acreditación. No suposto de que se supere a hora asignada de entrada por causa non imputable á Fundación Catedral de Santiago, de ser posible, será asignada outra hora de entrada. Se estivese o aforo completo, non será posible a devolución do importe da entrada abonada. A hora asignada na reserva ao Museo é a hora de acceso á Catedral, podendo facerse a visita ao Museo antes ou despois.

Unha vez realizado o pagamento polo importe total da súa reserva, será remitido un albarán en formato PDF como ficheiro adxunto ao correo electrónico que teña facilitado.