Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación neste sitio web, en cumprimento do Real Decreto-ley 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies.
Acepta Máis información

Texto legal e condicións de uso

IDENTIFICACIÓN DO PRESTADOR DO SERVIZO
Dominio entradas.catedraldesantiago.es
Denominación Social do Prestador do Servizo Grupo Meana, S.A.
Nome Comercial GADD: Gestión Avanzada para el Desarrollo Digital
NIF A33234717
Domicilio Social Palacio de Lieres, s/n
33580-Lieres
Siero (Asturias)
España
Datos Rexistrais Rexistro Mercantil de Asturias Tomo 1445, Folio 216, Sección 8, Hoja AS6877, Inscrición 21ª
Teléfono +34 985 724 949
Correo Electrónico de Soporte e Xestión de Incidencias soporte@entradascatedraldesantiago.es
Correo Electrónico do Administrador do Sitio Web soporte@entradascatedraldesantiago.es
Formularios de Contacto, Consultas, Suxerencias e Reclamacións https://entradas.catedraldesantiago.es/es-ES/informacion
Entidade para a que se presta o servizo Fundación Catedral de Santiago
CIF G-70178603
Rúa do Vilar, nº 1, 1º
15705 - Santiago de Compostela
T +34 981 569 327
Autorización para a prestación do servizo Contrato de prestación de servizos de reserva, venda de entradas e control de accesos.
Índice
USUARIOS/AS do SITIO WEB

Toda persoa que acceda e/ou utilice este Sitio Web adquiere implicitamente e desde o primeiro acceso a súa condición de USUARIO/A, do mesmo xeito que acepta as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas, que serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento de conformidade coa lexislación vixente.

As persoas usuarias deste sitio Web aceptan as disposicións aquí dispostas e calquera outra disposición que sexa de aplicación de conformidade coa lexislación española.

Índice
OBXECTO E USO DO SITIO WEB

O presente aviso legal pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE) e informar aos seus usuarios/as potenciais sobre as condicións e cuestións de carácter legal que sexa preciso coñecer antes de facer uso do mesmo.

Facilítase a través desta vía toda aquela información relativa ás condicións de uso do sitio web http://catedraldesantiago.es que a Fundación Catedral de Santiago pon á disposición dos usuarios de Internet para a reserva e adquisición de entradas dos museos da Catedral de Santiago.

O titular e prestador do servizo reserva o seu dereito a modificar calquera tipo de información que poida aparecer no sitio web, sen que exista a obriga de preavisar ou poñer en coñecemento das persoas usuarias ditas obrigas, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web do prestador.

Índice
PROCESO DE COMPRA DE ENTRADAS

Para unha doada navegación e un rápido acceso aos contidos, a web estrutúrase en diversas seccións para atopar toda a información. Estas seccións preséntanse como referencia inicial, pero poderán evolucionar e modificarse co tempo, dependendo, sobre todo, das necesidades e suxerencias que propoñan os Usuarios.

Para realizar una compra de entradas, deberán seguirse os seguintes pasos:

  • Seleccionar o recinto que desexa visitar ou onde se celebre o evento ao que desexa acudir.
  • Seleccionamos a data e hora da visita.
  • Seleccionamos a tarifa e o número de entradas.
  • Introducir os datos de contacto para envío da confirmación da compra e das localidades para imprimir na casa.
  • Proceder á formalización do pago a través da pasarela de pagos da entidade bancaria colaboradora.

As presentes Condicións Xerais de Uso non exclúen a posibilidade de que certos servizos ou utilidades ofrecidas por medio da web catedraldesantiago.es se sometan a unhas condicións especiais de uso, que, en todo caso, poderán ser consultadas polo Usuario antes da súa activación.

A través dos medios de contacto proporcionados, e coa finalidade de facilitar ao usuario o desfrute das entradas adquiridas, poderase realizar unha notificación de cortesía na que se acorde a data e as condicións da visita.

Índice
MEDIOS DE PAGO

Como medio de pago das súas entradas só se admite unha tarxeta de crédito ou de débito de tipo VISA ou MASTERCARD.

No futuro pode ser que se incorporen novos medios de pago que se anunciarán oportunamente.

Índice
CONDICIÓNS DA COMPRA

A adquisición destas entradas representa a aceptación das seguintes condicións:

  • Unha vez adquirida a entrada, non será cambiada nin se devolverá o importe.
  • A organización reserva o dereito a cancelar as visitas sen previo aviso por causas imprevistas de forza maior ou realización de actos oficiais ou relixiosos ou pola realización de obras de conservación ou mantemento, que así o aconsellen. Nestes casos a CATEDRAL devolverá o prezo da entrada ou será cambiada a visita para outro día, renunciando o usuario/cliente a outro tipo de reclamación.
  • As entradas dispoñen de diferentes medidas de seguridade, polo que se se compra a entrada nun punto de venta non oficial e fose falsa, non se lle permitirá a entrada á visita, sen responsabilidade de ningún tipo para a Catedral.
  • A admisión queda supeditada a que a entrada estea completa e en boas condicións.
  • Para a aplicación das tarifas reducida e gratuíta, deberá presentarse no espacho de billetes a documentación esixida na Normativa, e no caso de non ter dereito a elas aboarase a diferencia do prezo.
  • Non se permitirá a entrada a aquelas persoas que poidan producir molestias ao público en xeral ou poidan alterar o normal desenvolvemento da visita. Ao entrar, o público pode estar suxeito a un rexistro segundo a lei. Non estará permitirá a entrada de bebidas ou comida, así como a de aqueles obxectos que poidan ser considerados perigosos ou de aqueles que poidan molestar no desenvolvemento da visita.
  • Non se permitirá o acceso á visita unha vez comezada.
  • É obrigatorio utilizar as consignas para gardar mochilas e vultos de elevado tamaño que poidan dificultar o acceso aos diferentes espazos polos que transcorre a visita, podendo denegarse o acceso á visita, sen dereito a ningún tipo de devolución ou cambio.
  • Queda prohibido facer fotografías ou vídeos. Os teléfonos móbiles deberán permanecer en posición de silencio durante a visita.
  • Os termos e condicións de compra, así como a política de devolucións veñen establecidos nas condicións xerais do servizo que deberá aceptar durante o proceso de compra.
Índice

CONDICIÓNS PARA GRUPOS

  • Os grupos poderán facer as súas reservas con tres meses de antelación e acceder a elas para modificalas sempre que non se realizase o pago das mesmas.
  • Esíxese puntualidade para evitar problemas e retrasos no acceso.
  • Só se poderá facer un número limitado de reservas por usuario e día.
  • Os grupos turísticos, obrigatoriamente, deberán levar guía oficial propio acreditado pola Fundación Catedral de Santiago, para realizar a visita. Ademais, estas visitas terán que ser realizadas co sistema guiado portátil de grupos (micrófono emisor+ auriculares receptores).
    Deberán realizar o pago da reserva 48 horas antes da visita, de non facelo, a reserva será cancelada automaticamente.
  • Aos grupos educativos, poderáselles pedir no despacho de billetes unha carta de presentación do centro o día da visita. Deberán levar profesores, titores ou monitores, aconsellablemente con coñecemento do Museo e Catedral. Poderán realizar o pago da súa reserva no despacho de billetes o mesmo día da visita.
Índice

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS E CAMBIOS

  • Unha vez adquirida a entrada, non será cambiada nin devolto o seu importe.
  • No caso de cancelación ou peche, terá dereito á devolución do importe íntegro.
  • A devolución realizarase na tarxeta na que se efectuou o pago.
Índice

ENTREGA DAS ENTRADAS

  • Una ver realizado o pago polo importe total das entradas, estas serán remitidas en formato PDF como ficheiro adxunto ao correo electrónico que fose proporcionado, para que poida imprimilas na casa, sistema coñecido como print@home ou print-at-home.
  • Asemade, será remitido un localizador a través do que poderá recoller as súas entradas nos despacho de billetes no recinto previa acreditación e entrega do localizador.
Índice

CONDICIÓNS DO SISTEMA PRINT@HOME

  • O sistema print@home (print at home) ou imprimir na casa, permitirá imprimir a súa entrada desde calquera lugar a través dunha impresora láser ou de chorro de tinta sobre unha folla de papel en branco tamaño DIN A4.
  • A entrada debe ser impresa preferiblemente no seu tamaño orixinal, sen ampliacións nin reducións, é dicir, a escala 1:1
  • A calidade da impresión debe ser aceptable para que se poida ler todo o texto da mesma. O código de barras usado no acceso debe estar perfectamente lexible e con calidade suficiente.
  • Pode imprimir a súa entrada en cor ou en branco e negro.
  • Cada entrada só debe ser impresa unha vez. Se se imprimen varias copias da Se se imprimen varias copias da mesma entrada e varias persoas intentan acceder ao recinto con elas, tan só a primeira poderá facelo, sendo esta esta práctica un intento de fraude que será tratado segundo o previsto pola lexislación vixente.
  • Unha entrada impresa na casa quedará automaticamente anulada se o comprador retira no despacho de billetes a súa entrada impresa no papel oficial, no caso de atoparse dispoñible esta opción.
  • O xustificante de pago da compra dunha ou de varias entradas non é un documento válido para acceder ao recinto ou a un espectáculo. No acceso debe presentar sempre unha entrada, ben impresa na casa (este documento) ou impresa no despacho de billetes en papel oficial.
  • É importante lembrar que para a súa impresión é preciso ter instalado no seu equipo un visor de PDF.
Índice
CONDICIÓN DE EMISIÓN DE FACTURAS

Tal como establece o artigo 1 do Real Decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento no que se regulan as obrigas de facturación “Os empresarios ou profesionais están obrigados a expedir e entregar, no seu caso, factura ou xustificantes polas operacións que realicen no desenvolvemento da súa actividade empresarial ou profesional, así como a conservar copia ou matriz dos mesmos”. Para facilitar a emisión das facturas e o acceso a elas, tivénronse en conta distintos escenarios:

  • Emisión de facturas desde a área pública: persoas físicas ou xurídicas, que realizan unha visita sen reserva previa ou realizan unha visita comprando a entrada no despacho de billetes. Para la emisión de la factura deberá proporcionar los siguientes datos en el formulario: localizador, fecha e importe.
  • Área privada (Usuarios/as rexistrados/as): a factura emítese cos datos verificados de xeito automático, pero permite su modificación en caso de error, o incluso para los supuestos de actuar como persona intermediaria
  • En todo é preciso unha declaración responsable de ser unha persoa titular (ou a responsable da xestión) dos datos contidos dita factura. O acceso á mesma de xeito ilícito conlevará a responsabilidade derivada da lexislación vixente.
Índice
SEGURIDADE

Este Sitio web emprega unha canle segura para a introdución e presentación de datos protexidos por un certificado de servidor seguro, así como unha canle segura na pasarela de pagos da entidade bancaria colaboradora.

Índice
RESPONSABILIDADE POLO PROCESO E USO DOS CONTIDOS DE INTERNET
  • O prestador de servizo queda eximido de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.
  • A Fundación Catedral de Santiago non garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade dos datos, programas, informacións ou opinións de calquera orixe, que circulen polas redes ás que o Usuario poida acceder a través da web catedraldesantiago.es. O usuario acepta expresamente deixar exenta á Fundación de la Catedral de Santiago de calquera responsabilidade relacionada.
  • O Usuario asume, baixo a súa exclusiva responsabilidade, as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso aos contidos así como da súa reprodución ou difusión.
  • A Fundación de la Catedral de Santiago non será responsable das infraccións de calquera Usuario que afecten aos dereitos de outro Usuario de dita web ou de terceiros, incluíndo os dereitos de copyright, marcas, patentes, información confidencial e calquera outro dereito de propiedade intelectual ou industrial.
  • A Fundación de la Catedral de Santiago non será responsable nin da disponibilidade técnica nin dos contidos das páxinas web ás que o Usuario acceda por medio dun enlace incluido na web catedraldesantiago.es.
  • A Fundación Catedral de Santiago non será responsable dos danos causados ao Usuario pola consulta ou uso dos contidos ou servizos ofrecidos por unha páxina web, cuxo acceso se producise por medio dun enlace incluído na web catedraldesantiago.es.
  • As limitacións de responsabilidade nos párrafos anteriores non afectarán nin perxudicarán os dereitos imperativos que asistan ao Usuario, segundo o seu lugar de residencia.
  • O prestador non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitado, en foros, chats, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web do prestador.
  • Con todo, e en cumprimento do disposto no art. 11 e 16 da LSSI-CE, o prestador porase a disposición dos usuarios e usuarias, así como das autoridades e forzas de seguridade, e colaborará de maneira activa na retirada ou no caso bloqueo de todos aqueles contidos que puideran afectar ou ir en contra da lexislación nacional ou internacional, dereitos de terceiros ou a moral ou o orde público. No No caso de que se considere que existe no sitio web algún contido que puidese ser susceptible desta clasificación, prégase sexa notificado de maneira inmediata ao administrador do sitio web.
Índice
PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

A persoa Usuaria comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade da empresa prestadora do servizo, creadora do sitio web.

  • Este sitio Web, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos son propiedade do prestador ou, no seu caso, dispón de licenza ou autorización expresa por parte dos seus autores ou dos seus titulares. Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial.
  • En virtude do disposto nos artigos 8 y 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, queda expresamente prohibida a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización previa por parte do prestador. Calquera uso non autorizado previamente por parte do prestador será considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.
  • Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos alleos ao prestador e que puidesen aparecer no sitio web, pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles mesmos responsable de calquera posible controversia que puidese suscitarse respecto aos mesmos. En todo caso, o prestador conta coa autorización expresa e previa por parte dos mesmos.
  • O Usuario recoñece que a reprodución, modificación, distribución, comercialización, descompilación, desensamblado, utilización de técnicas de enxeñeiría inversa ou de calquera outro medio para obter código fonte da barra, transformación ou publicación de calquera resultado de probas de referencias non autorizadas de calquera os elementos e utilidades integradas dentro da web catedraldesantiago.es constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual, obrigándose, en consecuencia, a non realizar ninguna das accións mencionadas.
  • O Usuario comprométese a non suprimir ou alterar calquera signo distintivo utilizado como marca ou nome comercial (gráfico, logotipo, etc.), elementos protexidos polo dereito de autor ou outros avisos, lendas, símbolos ou etiquetas que aparezcan na web catedraldesantiago.es.
  • O prestador non autoriza a que terceiros poidan redirixir directamente aos contidos concretos do sitio web, debendo en todo caso redirixir ao sitio web principal do prestador.
  • O Usuario comprométese a utilizar dita información exclusivamente para as súas propias necesidades e a non realizar directa ou indirectamente unha explotación comercial dos servizos aos que ten acceso ou dos resultados obtidos grazas á utilización da web catedraldesantiago.es.
  • O Usuario debe absterse de levar a cabo por medio do uso da web da Fundación Catedral de Santiago calquera destrución, alteración, inutilización ou danos dos datos, programas ou documentos electrónicos pertencentes á Fundación Catedral de Santiago, aos seus proveedores ou a terceiros, así como de introducir ou difundir na Rede programas, virus, applets, controles Active X ou calquera instrumento ou dispositivo físico o electrónico que causen ou sexan susceptibles de causar calquera tipo de alteración na Rede, no sistema ou nos equipos de terceiros. Igualmente, queda expresamente prohibida calquera tipo de actividade ou práctica que supere os principios de boa conduta aceptados xeralmente entre os usuarios de Internet.
  • O prestador recoñece a favor dos titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual, non implicando a súa mención ou aparición no sitio web a existencia de dereitos ou responsabilidade algunha sobre o prestador sobre os mesmos, como tampouco respaldo, patrocinio ou recomendación por parte do mesmo.
  • Para realizar calquera tipo de observación respecto a posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera ddos contidos do sitio web, pode facelo a través do correo electrónico: soporte@entradascatedraldesantiago.es, info@catedraldesantiago.es , prensa@catedraldesantiago.es
Índice
DEREITO DE EXCLUSIÓN

O prestador do servizo reserva o dereito a denegar ou retirar o acceso a este Sitio Web e aos servizos prestados sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aquelas persoas que incumpran as presentes condicións xerais de uso.

Índice
PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

O prestador do servizo cumpre coas directrices da Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica, o novo Regulamento Xeral de Protección de Datos Persoais (UE)2016/679 e demais normativa vixente en cada momento, e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais das persoas usuarias. Para iso, xunto a cada formulario de recollida de datos de carácter persoal farase saber ao usuario/a a existencia e aceptación das condicións particulares do tratamento dos seus datos en cada caso, informando da responsabilidade do ficheiro creado, a dirección responsable, a posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, a finalidade do tratamento e as comunicación de datos a terceiros no seu caso. Asemade, o prestador do servizo informa que da cumprimento á Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico e que solicitará o seu consentimento para o tratamento do seu correo electrónico con fins comerciais en cada momento.

  • O responsable dos datos de carácter persoal é a Fundación Catedral de Santiago.
    CIF G-70178603
    Rúa do Vilar, nº 1
    15705 Santiago de Compostela
    T +34 981 569 327
  • A finalidade pola que se recolleron os seus datos é para:
    • O seu nome para dirixirnos a vostede no caso de ter que contactar persoalmente para resolver alguna incidencia.
    • O seu teléfono de contacto, preferiblemente móbil, que utilizaremos no caso de ter que contactar e, se vostede o autoriza, enviarlle un SMS con datos da adquisición no caso de que vostede non proporcione unha dirección correo electrónico.
    • Unha dirección de correo electrónico para enviar o resultado da adquisición e as entradas para imprimir na casa (print@home) ou para notificar posibles peches ou cancelacións da súa visita.
    • Os 4 primeiros e 4 últimos díxitos de su tarxeta para resolver incidencias que se poidan presentar na adquisición. Este Sitio Web non ten un coñecemento e, por tanto, non custodia os datos da tarxeta de crédito ou débito coa que se formalizase o pago, xa que vostede introduce os datos noutra páxina Web, que é a pasarela de pagos xestionada pola entidade bancaria colaboradora.
    • Os seus datos fiscais para poder emitir as facturas correspondentes.
  • A lexitimación baséase no cumprimento dunha obriga legal e na existencia dunha relación contractual.
  • Destinatarios. Os datos non serán comunicados a terceiros.
  • Dereitos dos interesados..
    Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos datos, de limitación e oposición do seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisión baseadas únicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, a través da dirección de correo electrónico info@catedraldesantiago.es / prensa@catedraldesantiago.es
    O dereito a presentar unha reclamación poderá exercelo ante a Agencia Española de Protección de Datos
  • A procedencia. A orixe é a persoa interesada e a categoría dos datos son identificativos e de contacto.
Índice
COOKIES
  • Conforme ao art. 22 da LSSI-CE informamos que este sitio web utiliza cookies propias, que son pequenos arquivos de información que o servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina e serven para o almacenamento e recuperación de datos.
  • Ditas cookies son necesarias para almacenar os datos da reserva e poder efectuar a adquisición, polo que se utilizan para mellorar os nosos servizos e levar a cabo determinadas funcións que son consideradas imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización do sitio.
  • As cookies usadas neste sitio web son denominadas de “sesión”, é dicir, teñen carácter temporal coa única finalidade de facer máis eficaz a súa transmisión posterior e desaparecen ao rematar a adquisición, expirando no caso de que non se produza
  • En ningún caso se usarán as cookies para recoller información de carácter persoal.
  • Poderá eliminar o uso das cookies aquí utilizadas a través da configuración o seu navegador, pero é importante resaltar que impedirá totalmente efectuar a adquisición das entradas.
Índice
LEXISLACIÓN APLICABLE
  • O prestador do servizo perseguerá o incumprimento das presentes condicións así como calquera utilización indebida deste Sitio Web, exercendo todas as acción civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.
  • Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación spañola, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso os Xulgados e Tribunais de Oviedo.
Índice